martes, 22 de abril de 2014

Gravación de son.

Dixitalización  do sonido.
Posto que o son se transmite por ondas analóxicas, o ordenador non é capaz de traballar con el. Ese é o motivo polo que un ordenador ha de converter o sinal analóxico dos sons en sinal digital,proceso que se denomina dixitalización do son. E este proceso repítese en sentidos contrarios cando é o ordenador o que ha de xerar sons para que se oian mediante uns altofalantes, cascos musicais...
A dixitalización dun son suponse tomar mostra do sinal sonoro (mostro) cada certo tempo (frecuencia de mostraxe) e medir a intensidade do sinal analóxico. Cantas máis veces se mida o sinal sonoro por segundo (frecuencia de mostraxe alta), e cando maior sexa o rango para medir a intensidade (maior número de bits para ter máis valores), mellor calidade terá o son dixitalizado e máis parecerase ao son real
Formartos do son.

  • WAD: É o formato estándar; nestes arquivos almacénanse sons reais en forma dixital.
  • Midi: Nestes arquivos non se gardan sons reais, senón ordes para que un sintetizador musical xere a música. Ocupan bastante menos espazo que os arquivos de son real, aínda que teñen peor capacidade.
  • MPS: Son analóxicos aos WAV, aínda que almacenan o son real comprimido, polo que ocupan bastante menos espazo, con pouca perda de calidade.
  • OGG: Formato de audio comprimido de gran calidade e sen limitacións de distribución, posto que está baseado na licenza pública xeral de GNU.
  • VMA: estes son os arquivos de audio do produtor de Windows Media que vén incorporado en Windows; Son arquivos comprimidos con boa calidade de son. Ten a particularidade de escoitarse a medida que se van recibindo os ficheiros, algo fundamental para internet.
  • Real Audio: É un formato moi utilizado en internet, xa que a súa principal característica é que se vai reproducindo a medida que se le, en tempo real.
  • MP3: Es un formato de compresión de audio dixital patentado que usa un algoritmo con perda para conseguir un menor tamaño de arquivo. É un formato de audio común usado para música tanto en ordenadores coma en reprodutores de audio portátil.
Gravacións.
Música
Audacity é unha aplicación que se permite gravar, editar e gardar os arquivos de audio dende varias fontes diferentes e en distintos formatos. Está dispoñible para Windows e para Linux
Audacity

Voz 
Pódese utilizar o gravador de son que inclúe o sistema operativo. Esta utilidade adoita estar incluída en todos os programas de edición de son ou vídeo.
Gravador do son

Hai que enchufar o micrófono na entrada correspondente da tarxeta de son e pulsar sobre o botón gravar para realizar a gravación.
CD de audio
Para extraer a música dun CD de audio haberá que recorrer a programas específicos de extracción de audio dixital, coñecidos como ripeadores.

  • En Windows, o Reprodutor de Windows Media ofrece a posibilidade de copiar cancións no disco duro con formato wma ou mp3

Reprodutor Windows Media

  • En Linux, un exemplo é Sound Joicer.
Tarxeta de son.
Tarxeta de son.
(Entrada en liña de audio.Permite introducir, ao ordenador, sons dun aparato externo: raio, cadea de música...)
(Entrada do micrófono.Permite introducir son do exterior: voz, música...)
(Saida para altavoces ou cascos.Permite conectar esos dispositivos para escoitar os disdintos sons.) 
(Saida de audio.Envía o son a un amplificador ou gravador externo.)
(Porto MIDI/Joystick.Permite introducir sons directamente dende un instrumento musical ou conectar un joystick para xogos.)