viernes, 31 de enero de 2014

4. XESTIÓN DE USUARIOS E PERMISOS.

4.1 Creación de grupos de usuarios. 
É doado crear un grupo para a túa organización. Un grupo pódese usar como lista de correo para enviar mensaxes de correo electrónico ou convites a reunións a varias persoas á vez. Para iso, utilízase a única dirección de correo electrónico do grupo. Tamén se pode usar un grupo para compartir rapidamente documentos, sitios ou calendarios de Google con varias persoas nunha soa dirección.
Consulta Cómo usar grupos de excepción para obter información sobre como usar grupos para illar funcións e configuracións deGoogle Apps.
4.2 Identificación.
Os usuarios que van ter acceso aos sistemas informáticos deben identificarse antes de conseguir este acceso. A forma máis habitual de identificación é a utilización dun nome de usuario e contrasinal. Con respecto a esta última, o contrasinal, debería cumprir unha serie de esixencias mínimas para todos os usuarios dos sistemas:
  • Debe ter unha lonxitude mínima de 8 carácteres.
  • Debe ter unha mestura de letras, díxitos e carácteres especiais.
  • Débese limitar o número de intentos falidos.
  • Débese almacenar de forma cifrada. Case todos os sistemas operativos cumpren este requisito.
  • Débese cambiar con certa periodicidade. Se os usuarios teñen acceso a datos de carácter persoal, como unha libreta de direccións do correo electrónico, esta caducidade é unha obriga legal.
  • Débese establecer un procedemento de entrega do contrasinal ao titular desta conta de usuario, que garanta a súa confidencialidade.
Os usuarios deben ter presente que cada identificador de usuario é persoal, e non debe ser compartido. Así mesmo, cada persoa tense que facer responsable de todas as accións que se realicen co seu identificador. En consecuencia débense tomar as medidas necesarias para evitar este abuso, como por exemplo pechar a sesión cando se estea ausente, e manter o contrasinal en segredo.
5.3Xestión de contas en Windows. 
Para crear unha conta nova, inicie sesión como usuario principal (ou calquera usuario con privilexios de administrador) e siga os estes pasos para crear a conta:
  1. Faga clic en Inicio  e logo en Panel de control.
  2. En Contas de usuario e protección infantil, faga clic en Agregar ou quitar contas de usuario.
Se se lle solicita un contrasinal de Administrador ou unha confirmación, escriba o contrasinal ou dea a confirmación.
figura 1: Agregar ou quitar contas de usuarios
   3. Faga clic en Crear unha nova conta.
   4. Escriba o nome da nova conta, faga clic no tipo de conta e en Crear conta.
5.4 Espacio de traballo.
Ao espazo de traballo dun usuario chámaselle conta de usuario. A cada conta asígnaselle unha directorio especifico no disco duro onde se almacena toda a información de cada usuario, os seus documentos, favoritos, personalización do escritorio, etc.
Espacio de traballo.
5.5 Tipos de usuarios. 
  • Administrador ou root. O Administrador de tarefas mostra os programas, procesos e servizos que se están a executar no equipo neste momento. Pode usar o Administrador de tarefas para supervisar o rendemento do equipo ou para pechar un programa que non responde.
    administrador
  • usuarios. aquel que usa algo» ou «que usa ordinariamente algo».1 Por exemplo un usuario dunha biblioteca é un lector interesado en ler algún volume do seu arquivo. Non obstante, isto oponse aos conceptos da Web semántica, Web 2.0 e 3.0, xa que a realidade actual prima aos cidadáns como emisores e non só como receptores que «usan» os medios. É preferible, polo tanto, falar de actores, suxeitos, cidadáns, etc. para referirse ás persoas que interactuar nas redes dixitais
    usuarios.

  • Grupos. Un grupo de usuarios é unha colección de contas de usuario que teñen en común os mesmos dereitos de seguridade. Ás veces, os grupos de usuarios tamén se denominan grupos de seguridade.Unha conta de usuario pode ser membro de máis dun grupo. Os dous grupos de usuarios máis comúns son o grupo de usuarios estándar e o grupo de administradores, pero hai outros. Unha conta de usuario ás veces descríbese de acordo co grupo de usuarios ao que pertence (por exemplo, unha conta no grupo de usuarios estándar denomínase conta estándar). Se ten unha conta de administrador, pode crear grupos de usuarios personalizados, mover contas dun grupo a outro, e agregar ou quitar contas de diferentes grupos. Ao crear un grupo de usuarios personalizado, pode elixir os dereitos que desexa asignar.
grupos

4.6 Adxudicación de permisos en Windows.
  • Para definir, ver, cambiar ou quitar permisos de arquivos e carpetas en Windows:

  1. Facer clic co botón dereito do rato no arquivo ou carpeta e seleccionar Propiedades.
  2. Seleccionar a pestana Seguridade. Móstrase un listado de todos os grupos ou usuarios que teñen dereitos sobre o obxecto.
  3. Utilizar o botón Quitar para eliminar os usuarios que non terán acceso, ou ben, Agregar para engadir novos usuarios. 
  4. Ao seleccionar un grupo ou usuario móstranse os Permisos de usuario de que dispón podendo permitirse ou denegar cada unha deles.

  • Se na ventá Propiedades non se mostran as pestanas Seguridade:

  1. Facer clic en Inicio
  2. Entrar no panel de control
  3. Seleccionar Aparencia e temas
  4. Entrar en Opcións de carpeta
  5. Na pestana Ver, desactivar a casa Empregar uso compartido simple de arquivos, que se encontra no apartado Configuración avanzada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario